Friday 03 de May de 2024

O complexo deportivo carralés cumpre 6 anos



A instalación deportiva celebra o seu sexto aniversario con promocións, melloras nas instalacións e novo equipamento

O día 6 de febreiro, o complexo deportivo de Carral celebra o seu sexto aniversario, e para celebralo a concellería de deportes presenta unha promoción,

Desde a súa construción, esta instalación deportiva foi ideada para que os habitantes de Carral dispoñan dun lugar arrombado para a práctica do deporte e do exercicio físico saudable preto das súas casas. Este complexo deportivo conta cun ximnasio (cunha zona de traballo cardio, outra de tonificación muscular localizada e outra de musculación e peso libre), unha zona de Spa (con baño turco, duchas de contrastes, jacuzzi ou piscina climatizada), unha sala de actividades na que se imparten actividades dirixidas gratuítas para os socios (GAP, tonificación, streching, circuit T, areostep, aerobox, etc.) , pilates, ioga, judo infantil, etc., e tamén dúas piscina de verán, pistas de pádel, un parque biosaludable e unha pista multideportiva. En total máis de 2.000 m2 dedicados á práctica do deporte e o exercicio saudable.

O horario de funcionamento da instalación é de luns a venres de 9.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 23.00
h. Os sábados o complexo abre de 10.00 h a 13.00 h.

Actualmente son preto de 500 os socios da instalación, que poden facelo na modalidade individual (20 ?), familiar (26 ?), só ximnasio (17 ?) ou só spa (17 ?). Ademais os menores de idade ou xubilados tamén teñen unha bonificación nos prezos.

Este mes de febreiro o complexo deportivo cumpre o seu sexto aniversario e, desde a concellería de deportes, lanzouse unha importante promoción de captación de socios: Durante o mes de febreiro, os novos socios NON PAGARÁN A TAXA DA MATRÍCULA, só as cota mensual. Ademais, a aqueles socios que traian a un amigo, regalaráselles unha cota mensual.

Melloras nas instalacións.
A sala de actividades é unha das áreas do complexo pola que máis usuarios pasan (case 300 persoas á semana). Nela durante a semana levan a cabo clases de judo infantil (20 alumnos), Ioga (2 grupos de 23
alumnos), Pilates (4 grupos de 18 alumnos), clases de danza e preparación física (Club Patinaxe Alquimia), clases de danza e ximnasia (Club Ximnasia Rítmica Carral) e actividades para socios como Aerobox, Step, Body Tonic, GAP, Circuit T., baile aeróbico, etc. Debido a esta enorme demanda, a sala de actividades foi ampliada en 20 m2, modificación permitiu ampliar o número de usuario nas actividades e/ou ofertar novas actividades.

Ademais ampliar o equipamento deportivo do ximnasio en as próximas semanas, tanto no apartado cardiovascular como no apartado de musculación.

Para todos aqueles interesados ou que desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no tlfo. 981672580 ou ao mail deportes@carral.es.